A Xunta entrega en Lugo catro vivendas e un local en réxime de alugueiro

Catro novos adxudicatarios de vivendas de protección pública (VPP) emprazadas na capital lucense recibiron hoxe as chaves dos seus novos fogares nun acto presidido polo delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel  Balseiro.

Os pisos, propiedade da Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo, están situados nas rúas Miño 32, Fermín Rivera 47, Paulo Fabio Máximo 2, Aquilino Iglesias Alvariño, 12. As superficies varías entre os 54,10; 60,20; 89,90 e 70,12 metros cadrados dos pisos citados respectivamente. As novas vivendas cédense en réxime de alugueiro polo que, tras a sinatura dos contratos e abono das respectivas fianzas, as familias beneficiarias xa poden facer uso dos pisos de inmediato.

Entrega dun local comercial
Tamén, neste mesmo acto, procedeuse á entrega dun local comercial, emprazado na rúa Tinería 42. Trátase dun baixo comercial de 46 metros cadrados, adxudicado en réxime de alugueiro e que prevé destinarse a tenda de exposición e venda de antigüidades.

A iniciativa debe enmarcarse no compromiso da Xunta de Galicia por apoiar a todos aqueles que aposten por instalarse no barrio e colaborar, deste xeito, na dinamización comercial da zona cunha nova actividade empresarial.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo