" />

A Xunta impulsa novas escavacións no Castro de Viladonga

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria licitou hoxe no Diario Oficial de Galicia as obras para a posta en valor do sector nordeste do castro de Viladonga e o acondicionamento do paseo superior da súa muralla principal.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, afirmou que a intervención conta con 220.000 euros de orzamento e pretende actuar sobre unha área de 1.250 metros cadrados, dos cales 100 metros cadrados son de nova escavación. Ademais da consolidación das estruturas -tanto as que poidan aparecer como as xa coñecidas-, o proxecto prevé mellorar a accesibilidade e a visita pola muralla principal do castro así como a posta en valor do foso.

As actuacións, afirmou Balseiro, “mellorarán a experiencia dos visitantes, que terán unha visión máis clara do foso e do castro”. Neste sentido, explicou que a área sobre a que se actúa ofrece “a primeira impresión sobre a croa”, xa que está pegada ao acceso. O prazo máximo de execución destes traballos será de oito meses.

O acondicionamento do paseo superior da muralla do castro inclúe a colocación de chanzos de madeira ben integrados na pendente existente e dunha varanda acorde co entorno, ademais da regularización e compactación do camiño para aportar unha maior seguridade.

Igualmente, o proxecto contempla o acondicionamento e posta en valor do corte existente no sistema defensivo do castro, de forma que se permita a visualización por parte dos visitantes dos diferentes compoñentes estruturais da muralla e do foso.

Ademais, executaranse as ramplas necesarias para mellorar a accesibilidade das zonas de actuación dentro do itinerario de visita do castro, e instalaranse nalgúns puntos varandas de madeira para maior seguridade dos visitantes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo