A Xunta investiga a orixe dun túnel na Muralla de Lugo

Os técnicos da Xunta investigan a orixe dun “pequeno túnel” atopado na Muralla de Lugo durante os traballos de reparación e consolidación do cubo sexto. Confirmouno esta mañá o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, tras unha visita á cidade para participar nunhas xornadas sobre o monumento.

Á espera de que os técnicos coñezan máis sobre a orixe deste novo achádego, Rodríguez só confirmou que “se trata dun pequeño túnel que, en certa medida, nos fala dun monumento que, estando moi vivo; nos depara sorpresas todos os días”.

“Poucas cidades se identifican tanto cun símbolo como Lugo. Creo q ue é un luxo para unha cidade ter unha muralla coma esta, que non só é un elemento co que se identifican os veciños, senón que é un ben Patrimonio da Humanidade, patrimonio e todos e que temos a obriga de conservar e preservar”, subliñou o conselleiro.

No marco desas xornadas sobre o coñecemento da Muralla, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, destacou a promoción turística que supón o monumento para cidade. Neste senso, lembrou que a declaración deste monumento bimilinario como Patrimonio da Humanidade marcou “un antes e un despois” no turismo, que se incrementou dende o ano 2000 nun 92%, pasando de recibir a Oficina Municipal de Turismo 3.000 visitantes ao ano a máis de 40.600 o pasado 2015. 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com