A Xunta organiza unha xornada de portas abertas para coñecer os locais que ten na Tinería

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda organiza unha xornada de portas abertas para dar a coñecer os locais da súa propiedade que estarán dispoñibles en réxime de venda ou alugueiro no barrio da Tinería, en pleno casco histórico
da cidade de Lugo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que esta presentación terá lugar este venres, 6 de outubro, ás 11 horas, no local emprazado na rúa do Miño, número 26, próximo á oficina de turismo da Xunta. Están convidados a participar a esta xornada de portas abertas distintos colectivos empresariais e veciñais, ademais dos particulares e empresas que poidan ter interese nestes locais ou en ampliar a información respecto dos mesmos. Ademais de visitalos, poderán coñecer as súas características e o procedemento a seguir para participar na súa venda ou alugueiro.

Balseiro lembrou que a Xunta convocará unha poxa para a que se fixará un prezo mínimo de aluguer/venda anual para cada baixo comercial e os interesados deberán realizar unha oferta en sobre pechado para cada un deles. A máis alta acadará a adxudicación do local.

Compromiso coa recuperación do barrio

Por outra banda, Balseiro quixo aclarar que aínda que corresponde á normativa municipal, nas ordenanzas ou plans especiais, establecer as futuras actividades autorizadas nos locais, a Xunta de detectar o exercicio dunha actividade ilegal, molesta o perigosa, ou que xere problemas na veciñanza, ten potestade para rescindir os contratos e así se establecerá nos
pregos. De feito, isto aconteceu nalgunha ocasión.

O delegado territorial da Xunta lembra que o principal compromiso da Xunta está na recuperación deste barrio –unha demanda social e veciñal recorrente- e, nese obxectivo, a administración autonómica está a realizando un esforzo inversor moi relevante na rehabilitación de edificios e vivendas e na promoción dos locais comerciais dispoñibles. A xunta agarda que outras administracións asuman tamén as competencias e idéntico grado de compromiso, por exemplo, no relativo á seguridade pública (policía local) e recuperación social do barrio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com