A Xunta paralizará a poxa dos locais da Tinería cando a oferta do Concello se materialice

O Delegado Territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, anunciou hoxe en rolda de prensa que o ente autonómico estaría disposto a paralizar a poxa dos 11 locais da Tinería, pero advertiu que non o fará ata que a proposición feita onte polo Concello se materialice. Asemade, o delegado pediulle axilidade a corporación municipal para aprobar, no vindeiro pleno, senón antes, esta proposta; xustificando o interese público e social desta iniciativa. 

O Delegado afirmou tamén que está a disposición da alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, para facilitarlle todos os documentos e información precisos para axilizar ao máximo esta xestión. Asemade, Balseiro quixo comprometerse co barrio e asegurou que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda destinará a totalidade dos recursos que se obteñan pola adquisición dos locais comerciais da súa propiedade na Tinería á compra de novos inmobles, neste mesmo barrio, para a súa posterior rehabilitación.

“Seguimos apostando con forza polo barrio da Tinería, pola súa recuperación e rehabilitación. Para que este espazo da cidade de Lugo desempeñe o papel que merece como centro histórico e como lugar de paso obrigado para os que vistan a Muralla”, explicou Balseiro. “Un aspecto fundamental para a recuperación do barrio é ser capaces de xerar riqueza e emprego nestes locais, e ese é un obxectivo ao que non podemos nin demos renunciar, salvo que o Concello de Lugo pase das palabras aos feitos, dunha mera declaración de intención a unha solicitude formal por facerse con estes espazos”, concluíu Balseiro.

O Concello pide que se paralice a poxa

A raíz destas declaracións do delegado territorial, o Concello de Lugo pediu ao Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) que pare a poxa dos 11 locais comerciais e convoque de inmediato unha xuntanza coa Alcaldesa, Lara Méndez, para estudar a súa proposta de crear un viveiro de empresas xestionado polo CEI Nodus. O Executivo incide en que xa existe unha proposta oficial do Concello ao respecto e que do que se trata é de manter canto antes ese encontro para ver a posibilidade de materializalo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com