" />

A Xunta promove unha xuntanza con empresarios da Tinería

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, convocou para mañá unha xuntanza con empresarios, emprendedores e veciños no barrio da Tinería para explicar as axudas que habilita o Goberno galego tanto para innovar ou ampliar empresas que xa están en funcionamento así como para incentivar a creación de novos proxectos empresariais ou comerciais que dinamicen a zona.

A reunión terá lugar a partir das 10.00 horas na Oficina de Turismo da Xunta e están expresamente invitadas a Asociación de Veciños e Comerciantes da Tinería e a Asociación de Empresarios do barrio.

Balseiro comparecerá xunto con técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria, para dar conta dos distintos programas de axudas que convoca anualmente este departamento, directamente ou a través do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Así, hai achegas para o emprendemento, para a innovación tecnolóxica, a mellora de locais comerciais, a internacionalización e para a contratación, así como para o establecemento como traballador autónomo, entre outros aspectos.

O delegado defendeu que a Xunta “sigue adiante co plan para adxudicar os locais da Tinería” porque “nós si cremos neste barrio” que pode ser “un pulmón económico importante da cidade de Lugo”. Ao respecto, explicou que os usos aos que se poden destinar estes locais están regulados polo concello, a través das ordenanzas municipais e do Plan Especial de Protección e Reforma Interior (Pepri) do casco histórico. Non existe constancia de que o concello estea disposto a modificar esta regulamentación e ademais -precisou Balseiro- modificalas significaría “perder entre ano e medio e dous anos. Xa perdemos moito tempo e neste momento non se debe facer demagoxia”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo