" />

A Xunta remata as obras de eficiencia enerxética do CEIP Lagostelle de Guitiriz

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, comprobou esta mañá o resultado das obras executadas durante os últimos meses no Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Lagostelle de Guitiriz pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Balseiro explicou que a reforma acometida reportará un aforro estimado do 23% no consumo enerxético anual do centro, e unha redución do 21% das emisións de dióxido de carbono á atmósfera.

Os traballos supuxeron un investimento de 573.186 euros, cofinanciados con fondos FEDER,  e consistiron no acondicionamento da fachada cun sistema de illamento térmico exterior, o cambio da carpintería metálica exterior, colocación de falsos teitos, substitución de luminarias por outras tipo LED e pintado das aulas e pasillos principais co estudo de cor establecido no deseño gañador de concurso convocado en convenio poa Consellería de Cultura e Educación e  o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

O delegado territorial afirmou que actualmente só faltan remates no illamento dun lateral do edificio, que se ultimarán tan pronto a climatoloxía o permita.

Durante a visita, na que tamén participaron a alcaldesa, Regina Polín, e o director do centro,  Domingo Lodeiro,  o delegado incidiu en que “incorporar estas medidas de aforro nos edificios públicos é un xeito de optimizar os recursos e de predicar co exemplo, xa que o uso racional da enerxía é unha premisa básica para avanzar cara a un desenvolvemento sostible”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo