Xuventude conmemora este sábado o nacemento de Emilia Pardo Bazán cunha andaina pola igualdade

A área de Xuventude, que dirixe Ana González Abelleira, conmemora este sábado o nacemento da escritora Emilia Pardo Bazán cunha andaina pola igualdade. A actividade, que conta con 25 prazas dispoñibles, comezará ás 10:30 horas, terá como punto de partida os soportais do Concello, na Praza Maior, e estará dirixida pola guía local Lidia de la Fuente.

Asemade, para o próximo 19 de setembro, será Guido Álvarez Parga quen lidere outra camiñada, neste caso pola sostibilidade, coa que se pretende celebrar o Día Mundial da Limpeza. Neste caso, a marcha partirá tamén ás 10:30 horas pero do Parque Rosalía de Castro, diante do busto da autora.

Para participar nas mesmas, as persoas interesadas poderán inscribirse, de xeito provisional, a través do enderezo xuventude@lugo.gal, facilitando o nome, apelidos, data de nacemento e teléfono, achegando, con caracter obrigatorio, foto ou fotocopia do DNI/NIE/PASAPORTE. As e os menores de idade irán acompañados por unha persoa adulta.

A participación en cada andaina, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición:

1º Mozos e mozas de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo (achegando declaración responsable de empadroamento, que o Concello poderá comprobar).

2º Mozos e mozas de 14 a 35 anos, que traballen ou estuden no municipio de Lugo (achegando copia do contrato de traballo ou matrícula do centro educativo regrado no que estuda).

3º Mozos e mozas de 14 a 35 anos que residan en municipios limítrofes.

4º E sempre e cando queden prazas vacantes, resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com