O executivo de Lara Méndez, a través da área de Xuventude, segue a organizar actividades seguras e ao aire libre para a mocidade. Agora oferta catro rutas a pé polo Camiño dos Faros, un sendeiro en auxe nos últimos tempos que enxalza os faros e outros numerosos puntos de interese da Costa da Morte.
Mauricio Repetto, concelleiro de Xuventude, anima á mocidade a inscribirse para que poidan coñecer novos espazos en Galicia. “Os tempos actuais demostraron moitas cousas, e unha das máis importantes, e positivas é que nos demos conta da importancia da natureza, e que poder estar en contacto co medio ambiente é fundamental, e para iso o sendeirismo é perfecto”.
A participación en cada actividade, que é gratuíta, seguirá a seguinte orde de prioridade e por rigorosa orde de inscrición: mocidade de 14 a 35 empadroados no Concello de Lugo, que traballen ou estuden no municipio e que residan en municipios limítrofes.
E sempre e cando queden prazas vacantes, poderá inscribirse o resto de poboación non superando o 10% de prazas ofertadas en cada actividade.
Rutas a pé polo Camiño dos Faros:
10 de julio
Camiño dos Faros pola costa: 1ª etapa: Malpica – Niñóns. Distancia: 22 km Dificultade: Alta
24 de Julio
Camiño dos Faros pola Costa: 2ª etapa: Niñóns – Ponteceso. Distancia: 26 km Dificultade: Alta
14 de agosto
Camiño dos Faros pola Costa: 3ª etapa: Ponteceso – Laxe. Distancia: 25 km Dificultade: Moderada-Alta
28 de agosto
Camiño dos Faros pola Costa: 4ª etapa: Laxe – Arou. Distancia: 18 km Dificultade: Moderada