" />

XV Torneo de Futsal Cidade de Lugo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, e o presidente do Prone Lugo, Ovidio Pérez, presentaron este mércores no Salón de Plenos o XV Torneo de Futsal Base Cidade de Lugo, que organiza o club deportivo en colaboración co Concello de Lugo os días 26, 27, 28 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro. Con este campionato, o Concello aposta novamente polo deporte base ao tempo que impulsa a cidade luguesa.

No XV Torneo de  Futsal Cidade de Lugo darnse cita 1.200 xogadores de 5 categorías masculinas e a sub-17 feminina, que disputarán 175 partidos. As pasadas edicións dito campionato deixou un retorno económico na cidade de ao redor de 500.000 euros.

O torneo consta dunha primeira fase de carácter autonómico que se disputará os días 26, 27 e 28 de decembro. Os campións desta primeira fase das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, uniranse ao resto de equipos procedentes de toda España para disputar a fase final entre os días 2 e 4 de xaneiro no Pavillón Municipal. As finales das distintas categorías – benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil sub-17- que se celebrarán o día 4 serán retransmitidas in streaming e poderán ser seguidas en tempo real a través dunha aplicación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo