" />

XXV Edición do Certame Milagrosistas do Ano

Mañá venres terá lugar a XXV edición do certame Milagrosistas do Ano. A Asociación de veciños, comerciantes e industriais da Milagrosa, que preside Jesús Vázquez e que organiza o certame, presentou a listaxe das 21 persoas que serán recoñecidas pola contribución en prol da cidade lucense, en eidos como o da cultura, a empresa, o movemento veciñal, a sanidade, as organizacións solidarias, os corpos e forzas de seguridade ou a comunicación.

O evento terá lugar no restaurante Manuel Manuel as nove da noite. Entre os premiados estarán entre outros, o mencionado xefe do servizo de Cardioloxía do HULA, Carlos González-Juanatey, o presidente de Aspnais, José Reigosa, Marta Barreiro, secretaria xeral da Xunta en Lugo, José Ángel Díaz, corresponsal do Progreso en Castro, Cosme Eladio Pombo, deputado do BNG, José Manuel López Casanova, Maxistrado, ou Eloi Caldeiro, poeta e líder do grupo de música folk Brath.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo