115 persoas poderán participar de balde nas actividades da Deputación nos Ancares

O Deputado de Medio Ambiente, Argelio Fernández Queipo, presentou esta mañá a nova programación de actividades gratuítas que organiza o Goberno da Deputación na Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses, correspondente ao primeiro trimestre do 2018. Trátase de 6 novas actividades, nas que poderán participar 115 persoas dos Concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna, totalmente de balde. As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos poderán facelo a partir do vindeiro mércores 14, ás 12:00 horas, a través da páxina web www.deputacionlugo.gal ou no teléfono 982 227 812.

Fernández Queipo subliñou que “neste primeiro trimestre do ano a oferta inclúe obradoiros de elaboración de conservas e licores artesanais, elaboración de queixos frescos, deshidratación de froitas e hortalizas, fabricación de ungüentos e un obradoiro infantil de arxila. Todas as actividades teñen carácter gratuíto e están pensadas para participantes de diversas idades”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo