" />

A Deputación inicia o primeiro proxecto de turismo científico dos Ancares-Courel

O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, xunto ao Vicepresidente, Argelio Fernández Queipo, presentou este luns o primeiro proxecto de turismo científico dos Ancares- Courel, que pon en marcha o Goberno Provincial, pois e unha das iniciativas definidas no Plan Estratéxico de Turismo da Provincia de Lugo (2017-2020). Fíxoo nun acto en Cervantes ao que asistiron representantes de 17 Concellos, USC, colectivos veciñais e entidades que participarán no desenvolvemento desta iniciativa pública.

Este proxecto trata de poñer en valor os recursos científicos para desenvolver económica e socialmente a provincia a través do turismo. Desenvolverase nunha espazo de 102.635 hectáreas, converténdose no plan turístico-científico coa maior zona de estudo de Galicia. Abrangue os municipios de Navia de Suarna, Cervantes, Becerreá, As Nogais, Triacastela, Pedrafita do Cebreiro, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, A Pobra do Brollón, Quiroga, Ribas de Sil, Baleira, Ribeira de Piquín, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz.

Consta de dúas fases, unha de certificación, que comeza de xeito inmediato; e outra de desenvolvemento de actividades específicas no territorio. A primeira delas, supón un amplo estudo sobre as potencialidades turístico- científicas. Contará coa participación directa de expertos da Universidade de Santiago de Compostela, así como dos Concellos implicados, colectivos sociais do territorio e entidades. Arranca agora en outubro e previsiblemente se prolongará ata decembro.

As actuacións concretas a desenvolver definiranse na segunda fase tamén coa participación de todos os axentes implicados na fase de certificación. Incluiranse roteiros, conferencias ou xornadas de bioloxía, micoloxía, xeoloxía ou botánica, entre outros. Estarán dirixidas á cidadanía en xeral ou a profesionais do sector.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo