Besteiro advertiu que “só hai dous camiños: o camiño da mentira que conduce ao estancamento e a resignación ou o cambio seguro e efectivo que en Galicia está garantido polo PSdeG”

O candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, José Ramón Gómez Besteiro, chamou hoxe a concentrar o voto no PSdeG, que é “a única garantía de cambio seguro” fronte aos “dous aliados da dereita: a abstención e a división do voto progresista”. Así o dixo no mitin de peche de campaña diante de 1.500 persoas.

Emprazou a “saír o 18F a gañar” e permitir un “proxecto ilusionante” para artellar unha Galicia “mellor, máis positiva, máis aberta, ambiciosa e orgullosa” que defende un plan de choque para a sanidade, a Dependencia, o ensino con libros gratuítos, ou 10.000 vivendas públicas. Reclamou “máis ambición, máis e mellor financiación para Galicia, máis revolución dixital, transición ecolóxica, máis galego e máis industria”.

Gómez Besteiro presentou ao PSdeG como “o partido feminista, e orgullosos de que sexa así”, cun proxecto para incrementar o financiamento para a igualdade e para rematar coa fenda de xénero. Anunciou que o próximo domingo “deixaremos atrás a casa dos líos que representa o PP”, que “comezou a campaña pedíndolle a Vox que non se presentara e remata Vox pedíndolle votos aos do PP”.

Acusou ao PP de mentir “coma se non houbera un mañá” coa amnistía como coa xestión dos pélets, nas que aplicou “o mesmo sistema: mentir, mentir e mentir”, demostrando que está “desnortado, desfondado, ausente e agora desesperado”. Criticou así que enviara SMS aos funcionarios do Sergas horas antes da xornada de votación anunciando subidas de soldo, e dixo: “a democracia non se compra e o voto dos galegos non está en venta”.

Besteiro tamén criticou a visita da presidenta madrileña Isabel Díaz Ayuso, que foi a Vigo -“hai que ser temerario, dixo- logo de boicotear o AVE Vigo – Oporto – Lisboa e despois de loubar ao presidente arxentino Milei, cando ameazaba con botar á flota galega das augas da Arxentina”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com