A rexedora reúnese cos veciños da Piringalla para anunciar novos investimentos no barrio

A Alcaldesa de Lugo continuou este martes na Piringalla, xunto ao voceiro municipal, Miguel Fernández, o seu percorrido polos barrios para explicar aos veciños e veciñas os proxectos que impulsa o seu Goberno e coñecer ao mesmo tempo de primeira man as súas necesidades. Méndez anunciou á veciñanza da Piringalla que o Concello investirá nos vindeiros meses no barrio máis de 1,3M€ coa materialización de diversos proxectos.

Grazas ao Plan de Barrios, o Goberno poderá cumprir unha petición cidadá e da Corporación, consistente na colocación dunha glorieta no cruce entre as rúas Manuel María, Santo Grial e Mar Cantábrico, que contribuirá a mellorar a seguridade de peóns e conductores, e a fluidez do tráfico. O proxecto, xa redactado, conta cun orzamento próximo aos 130.000€ e un prazo de execución de catro meses.

Dentro do Plan de Barrios, o Executivo tamén procederá á pavimentación da rúa Santo Grial, á mellora da beirarrúa da rúa Avutarda e á colocación dunha fonte e o acondicionamento dun xardín en Cidade Norte, xunto á Praza Viana do Castelo.

Ademais, o goberno prevé que en setembro estea redactado o proxecto técnico para acometer as obras de remate da biblioteca da Piringalla e a súa reconversión nun centro sociocultural, saldando así unha débeda coa veciñanza e cumprindo un acordo do Pleno. Para levar adiante esta infraestrutura, que sufriu atrasos debido a deficiencias no proxecto inicial, o Goberno incluíu unha partida de 1M€ nos Orzamentos deste ano que foi quen de sacar adiante.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo