A Xunta de Galicia reivindica o papel dos maiores na sociedade nunha xuntanza no Saviñao

O conselleiro de Política Social da Xunta, José Manuel Rey Varela, acudiu hoxe ao xantar dos maiores celebrado no municipio lucense do Saviñao, onde tivo a oportunidade de departir cos asistentes e escoitar as súas necesidades e demandas.

Durante a súa intervención, Rey Varela lembrou a importancia das persoas maiores na construción da sociedade moderna e do benestar de hoxe, engadindo que “teñen un papel fundamental no pasado, presente e futuro da nosa comunidade”.

O titular autonómico fixo tamén referencia” aos múltiples servizos que a Administración galega pon a disposición das persoas maiores para fomentar o envellecemento activo e os hábitos de vida saudables como a mellor maneira de previr situacións de dependencia”. Neste senso, lembrou, entre outros, “o Servizo de Axuda no Fogar ou os programas de benestar en balnearios, mediante o cal se ofertan estadías e tratamento termal para maiores; e xuntos polo Nadal, dirixido a aquelas persoas maiores que se atopan soas durante as datas de Nadal”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo