Aberto o prazo de preinscrición para o curso 2017-2018 na Escola de Imaxe e Son da TIC ata o 23 de xuño

A Escola de Imaxe e Son de Lugo da Fundación TIC ten aberto o prazo de preinscrición de matrícula gratuíta para o curso 2017-2018 ata o vindeiro venres, 23 de xuño. A EIS ofrece 40 prazas de primeiro nos Ciclos Superiores de Realización e Produción de Audiovisuais e Espectáculos. As titulacións necesarias para acceder ao único centro da provincia que imparte ensinanza da rama audiovisual son bacharelato, técnico medio ou superior ou universitaria.

A listaxe de admitidos, espera e excluídos publicarase o 26 de xuño, no taboleiro de anuncios da EIS e na web da TIC, www.fundaciontic.org. Haberá catro días para posibles reclamacións, do 27 ao 30 de xuño, antes da publicación definitiva o 3 de xullo. Os interesados teñen que presentar a fotocopia do DNI, certificación académica e cumprimentar a solicitude a través de internet ou na propia EIS. A documentación entregarase na sede do centro, na rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n de Lugo.

O prazo de matrícula ordinaria permanecerá aberto do 4 ao 20 de xullo. O impreso necesario e resto de documentación pode descargarse na web da Fundación, para formalizar a tramitación na EIS, en horario de mañá, de 9.00 e 14.00 horas.

Formación gratuíta de calidade

A Deputación mantén a gratuidade da matrícula por décimo curso consecutivo para todos os alumnos e alumnas, agás os repetidores. Deste xeito, o organismo provincial aposta, un ano máis, por unha educación de calidade en igualdade de condicións. A Escola de Imaxe e Son de Lugo imparte 2.000 horas lectivas, distribuídas en dous cursos formativos, nos que se da prioridade ás prácticas en escenarios reais, de cara á inserción laboral dos futuros profesionais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com