Campabadal: “Espero un partido moi complicado”

Eduard Campabadal, lateral do CD Lugo, que reapareceu o pasado domingo na victoria dos albivermellos ante o Albacete Balompié, compareceu esta mañá en rolda de prensa para comentar o dobre duelo en Liga e Copa que vai a enfrentar aos de Francisco contra o Real Zaragoza.

Campabadal valoraba o posible estado do rival o vindeiro venres tras caer ante o Alcorcón na Romareda: “Non creo que veñan coa moral baixa. É verdad que eles son un equipo que ten unhas aspiracións sempre moi altas e cando xogan na casa a súa afición é moi esixente, pero non creo que veñan presionados, nin moito menos. Tamén a última vez que saíron de casa fixeron moi bon partido e espero que sexa un partido moi complicado”.

O xogador tarraconense quixo valorar tamén o estilo do xogo dos homes de Nacho González e asegurou que se trata de xogadores cunhas altas esixencias da afición, o que lles fai “conseguir victorias o antes posible”, Campabadal reiterou que os xogadores necesitan ter o balón e ser protagonistas do xogo, “non son un equipo de esperar”, e engandiu que González coñece moi ben a Segunda División, sabe que é importante competir e eso espera o albivermello: un rival que lle dea “un partido moi competitivo”.

Un Real Zaragoza ao que o CD Lugo rendirá visita o vindeiro 21 de setembro para disputar a ida da 3ª eliminatoria da Copa do Rei. Campabadal valorou tamén o dobre duelo e afirmou que son xogadores que coñece, pero amosouse extrañado de que “aínda que non ten nada que ver que xoguemos dous partidos en catro días, sí que é raro que coincidan sempre”. Estas coincidencias non merman os animos de Campabadal, quen afirmou que en cada partido intentarán afrontalo os albivermellos da mellor forma posible para intentar gañar ambas disputas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com