Cogami visita á Policía Local para coñecer o labor dos axentes

Un grupo de 23 persoas usuarias de COGAMI, acompañadas de 10 profesionais, visitaron esta mañá as instalacións da Policía Local de Lugo, onde puideron coñecer de preto o labor que desempeñan os e as axentes

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, deulle a benvida ao grupo nesta sesión, na que visitaron as dependencias policiais, comezando pola unidade de Atestados, onde se interesaron polos drogotest e os controis de alcol. Durante a visita estiveron acompañados por varios axentes, que lles deron conta, entre outras cousas, do material necesario para velar no día a día pola seguridade da cidadanía.

Para Méndez esta visita supón “unha oportunidade de achegar o traballo da nosa Policía, cuxa vocación do corpo é ser aberto á cidadanía, a colectivos da cidade, implicados ademais no desenvolvemento de Lugo, e para difundir a importancia do labor deste corpo de seguridade”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo