O colexio Menéndez Pelayo mellora en accesibilidade

O colexio Menéndez Pelayo gaña en accesibilidade coas novas actuacións de mellora que está a acometer estes días o Goberno de Lugo nas súas instalacións. Trátase da ampliación da rampla de acceso a infantil e a cuberta da mesma, e a elevación da cancela e da rampla de acceso a esa zona de infantil.

 O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, supervisou estas obras, que se acometen grazas ás modificiacións de crédito aprobadas o pasado 18 de agosto. Coa realización destas actuacións, o goberno mantén de novo a súa prioridade de investir nas persoas, neste caso nos máis de 400 alumnos e alumnas que asisten a este centro educativo público e as súas familias.

 Xunto con estas tarefas, o concello acometerá obra de reparación e mellora noutros colexios: Anexa, colexio da Ponte e IIla Verde.

 Así mesmo, e para iniciar o curso nas mellores condición de seguridade, tal e como asegurou Núñez, antes do comezo das clases, o Concello realizará labores de mantemento en todos os CEIP, que consistirán na substitución e revisión de luminarias, así como na limpeza xeral das aulas, dos patios e tamén dos sumidoiros; e no acondicionamento das zonas verdes.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo