Covadonga Carreño abordará nas Xornadas de Arqueoloxía a peonalización do casco histórico

A terceira conferencia das xornadas Desenterrar o Pasado. Un Percorrido pola Arqueoloxía de Lugo organizadas polo Concello con motivo da conmemoración neste 2018 do Ano Europeo do Patrimonio Cultural correrá a cargo de Covadonga Carreño, a xefa do servizo municipal de Arqueoloxía recentemente xubilada.

Baixo o título A Configuración da Cidade Romana. A Peatonalización do casco histórico, a ponencia abordará o cambio total da imaxe do casco vello a partir de 1997, a raíz da aprobación do Plan Especial de Protección, Rehabilitación e Reforma Interior (PEPRI). O incremento da actividade rehabilitadora e reformadora tanto de iniciativa pública como da privada afectou ao subsolo, o que permitiu coñecer a trama urbanística da cidade romana.

A conferencia de Carreño terá lugar mañá, ás 20:00 horas, no auditorio do Vello Cárcere. A entrada é libre e gratuíta ata completar o aforo, de 137 prazas.

Covadonga Carreño, arqueóloga do Concello de Lugo durante 30 anos, dirixiu dende 1987 numerosas intervencións arqueolóxicas na cidade, ademais de participar en moitos congresos e seminarios, e publicar e colaborar en publicacións de varios libros e numerosos artigos relacionados cos restos arqueolóxicos da cidade. Entre outras moitas achegas, colaborou na redacción da posposta de inscrición da Muralla na lista de bens Patrimonio da Humanidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo