Día Europeo da Concienciación do Paro Cardíaco

Cada 16 de outubro celébrase o Día Europeo da Concienciación do Paro Cardíaco e, co fin de darlle visibilidade e proxección, a Deputación e o Concello de Lugo colaboran coas xornadas divulgativas e de sensibilización sobre a importancia das manobras de Reanimación Cardiopulmonar (RCP) que Salutrans desenvolverá nunha carpa situada no lateral da casa consistorial. Será o propio 16 de outubro, o vindeiro luns, en horario de 11:00 a 18:00 horas.

Os organismos convidan aos veciños e veciñas de toda a provincia a participar nesta actividade, de acceso libre e gratuíto, para aprender como se fai unha reanimación cardiopulmonar, unha técnica básica de primeiros auxilios que salva vidas. Para iso, monitores sanitarios e médicos do 061 ofrecerán durante toda a xornada a todas as persoas que así o desexen talleres nos que ensinarán como realizar unha RCP a través de simulacros prácticos.

Hospital de campaña e UVI móbil

Os medios materiais que haberá durante esta xornada son un hospital de campaña, dous bonecos RCP, dous conxuntos de RCP básica, catro estacións de RCP, un defibrilador de prácticas e unha UVI móbil equipada con todos os equipamentos. Tamén haberá un total de oito instrutores, realizando tarefas de monitores, que explicarán todas as cuestións relacionadas con esta temática e repartirán folletos informativos.

Cada ano entre 3.000 e 5.000 persoas falecen en Galicia. Segundo os expertos en cardioloxía, con cursos de formación, a supervivencia podería elevarse como mínimo do 5 ao 15%. Sen embargo, a día de hoxe, a denominada cadea de supervivencia, que poderían realizar a maioría da persoas, só se realiza en unha de cada cinco persoas que sofre un paro cardíaco fóra do hospital, de aí a importancia da formación na poboación en xeral, comezando mesmo dende a escola.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo