EU celebra en Lugo a charla ‘Menores e transexualidade’, co gallo do Día LGTBIQA

Esquerda Unida organiza, co gallo do Día do Orgullo LGTBIQA+ a charla Menores e transexualidade, que terá lugar este vindeiro xoves 21 de xuño ás 20:30 horas no espazo La ferretería en Lugo.

Este acto, enmárcase na campaña Vivir libremente, vivir dignamente que a agrupación de Esquerda Unida está levando a cabo de cara ao 28 de xuño día internacional do orgullo LGTBI. Para abordar esta charla, Menores e transexualidade, a agrupación contará coa presidenta de ARELAS, asociación de familias de menores Trans, Cristina Palacios, o deputado de En Marea, Marcos Cal e a voceira de ALEAS IU (área de liberdade de expresión afectivo-sexual) e senadora de En Marea, Vanessa Angustia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo