Un incendio calcina por completo unha casa en A Fonsagrada

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu esta madrugada unha chamada de alerta por incendio declarado no interior dunha vivenda situada no Lugar da Sendiña, na Fonsagrada.

Eran preto das catro desta madrugada cando un particular se puxo en contacto co 112 para informar dun lume no interior dunha vivenda habitada. No interior había dúas persoas, unha delas con discapacidad, que, non obstante, foi axudada para abandonar o inmoble de inmediato. Deste xeito, só houbo que lamentar danos materiais, que foron importantes, debido a que a casa resultou completamente calcinada.

Os recursos de emerxencias estiveron traballando na extinción do lume ata as oito desta mañá debido á carga térmica que aínda persistía nalgúns puntos. Por iso, tantos os membros do GES da Pontenova como os voluntarios de Protección Civil da localidade remexeron os escombros ata a extinción total do incendio.

Neste operativo colaboraron tamén os bombeiros de Sarria e os axentes da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com