Iria Fernández Vilaboa, nova xefa de Enerxía e Minas da Delegación da Xunta

A Consellería de Economía, Emprego e Industria incorporou na Xefatura Territorial de Lugo a Iria Fernández Vilaboa como xefa do servizo de Enerxía e Minas. A nova xefa de servizo é licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña e ingresou na Administración autonómica en novembro do 2011, con destino na  Xefatura Territorial  de Lugo da Consellería de Traballo e Benestar.

O seu destino máis recente foi na asesoría xurídica de Infraestruturas Agrarias, na Xefatura Territorial de Medio Rural. Iria Fernández mantivo esta mañá unha primeira xuntanza co delegado territorial, José Manuel Balseiro, para tratar cuestións relacionadas co servizo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo