Lugo Monumental denuncia a falta protección do patrimonio común de Lugo

A Asociación Lugo Monumental ven de emitir un comunicado, onde denuncia o vandalismo que está a sufrir o patrimonio da cidade durante todo o ano, pero que se incrementa nestas datas, sen que ninguén faga nada por evitalo. “O vídeo de persoas bailando na fonte de San Vicente preocúpanos enormemente, sobre todo polas fendas  que presenta a base, que poderían dar como resultado un desastre patrimonial que faría irrecuperable a mesma”. Denuncia Lugo Monumental.

A Asociación preguntase: “que ten que pasar para que se tomen medidas efectivas e serias. ¿Un atropelo mortal e os danos causados á  fonte no son suficientes?”

Lugo Monumental reitera que, a pesar da nosa natural reticencia a estes dispositivos, non nos queda más remedio que volver a insistir sobre a necesidade de instalar cámaras de seguridade no casco histórico, si ben propomos una solución que garanta la intimidade dos e das lucenses. (un sistema de gravación pechado ao que só se acceda cando ocorra algo e baixo supervisión xudicial).

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo