Martínez di que ninguén acudiu a recibir as chaves da residencia de A Fonsagrada

O Presidente de SUPLUSA e Deputado Provincial Manuel Martínez, ven de emitir un comunicado no que di : “tal e como estaba previsto, visitamos hoxe a residencia de Fonsagrada, co obxectivo de entregar as chaves ao Concello. Sen embargo, ningun representante deste nin da Deputación se presentaron para comprobar se existían deficiencias ou se estaba todo en orden; o que demostra que a súa petición era só a utilización política desta infraestrutura”.

E remata “Cremos que era unha ocasión de ouro tanto para o Presidente da Deputación e o alcalde e Vicepresidente da mesma que as recibise, con todo, e malia a actitude, unha vez máis censurable do grupo socialista tanto na Deputación como no Concello, comentar que as chaves do centro da terceira idade estará a disposición da entidade local en SUPLUSA”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo