O ciclo ‘Voces rotas’ leva Afundación a proxección de ‘Yo, Daniel Blake’

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa co ciclo de cinema ‘Voces rotas’ na súa sede de Lugo coa proxección, mañá martes 6 de novembro, a partir das 20.00 h, do filme Yo, Daniel Blake. A entrada é libre e gratuíta ata  completar a capacidade.

Todas as películas que conforman este ciclo profundan e dan visibilidade a diferentes problemáticas, como o racismo, as guerras e o paro, e temas que afectan á sociedade na actualidade, como a inmigración, a relixión e a adopción.

Yo, Daniel Blake (2016), de Ken Loach, relata a historia de Daniel Blake, un carpinteiro inglés con problemas cardíacos que por primeira vez na súa vida vese na obriga de deixar de traballar. Pero a administración sanciónao se non busca un emprego. Durante a súa procura coñece a Katie, unha muller solteira con dous fillos. Xuntos tentarán axudarse mutuamente.

Este ciclo cinematográfico continuará na Sede Afundación de Lugo o vindeiro martes 13 de novembro con Ida; o 20 de novembro con Verano 1993; e finalizará o 27 de novembro con Mustang.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo