O Concello de Lugo arranxa a rede de saneamento da Avenida das Américas

O Concello de Lugo, por medio da Concellería de Educación e Infraestructuras Urbanas, que dirixe Manuel Núñez, iniciou hoxe as obras de reparación da rede de saneamento da Avenida das Américas, atendendo deste xeito a unha das melloras máis demandadas pola veciñanza desta zona da cidade.

Con esta actuación o Concello soluciona o máis grave dos problemas de saneamento da rede municipal nesta localización, xa que, por mor das continuas intervencións de desatasco, o colector chegou a deteriorarse de tal xeito que propiciou a aparición de filtracións en determinados edificios desta avenida.

Cun orzamento de preto de 18.000 euros, o Concello renovará o tramo de colector que discorre pola beirarrúa diante do portal Nº 2 e ata o cruce coa rúa Bidueiro, conectando este tramo de colector renovado co principal, que pasa polo centro da Avenida das Américas.

A obra consistirá na demolición de pavimento de beirarrúa e calzada, a reparación da rede de saneamento e a posterior reposición do pavimento. O prazo de execución destas actuacións é de tres semanas, polo que está prevista a regulación do tráfico mentres duren as mesmas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo