O Pazo de San Marcos acolle un conxunto de conferencias sobre cooperación e voluntariado

O Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos, inaugurou a conferencia Cooperación e Voluntariado Local e Internacional. Claves para dar o paso que organiza a Escola Shantidi e que tivo lugar no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Fíxoo xunto á Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo, Ana González Abelleira, á Vicerreitora de Servizos Universitarios, María do Carme Silva Domínguez, e á Confundadora da Escola Shantidi, Teresa Vila Paz. O organismo provincial colabora coa difusión da conferencia gravando toda a programación a través da TIC da Deputación.

Santos Ramos destacou “a importancia de que a cidadanía colabore e se involucre con este tipo de iniciativas que teñen como obxectivo principal intentar eliminar as desigualdades que existen na actualidade. Quero agradecer o esforzo e o traballo da Escola Shantidi por organizar esta conferencia e mostrar as experiencias e vivencias do voluntariado a todos os lucenses.”

Trátase dunhas conferencias que dan a coñecer as posibilidades que existen para canalizar a vontade de realizar labores de cooperación e voluntariado no entorno local e internacional. Así mesmo, preténdese orientar a aquelas persoas que, xa contando con experiencia nestas actividades, pretenden crear e impulsar novas organizacións e iniciativas. Ademais, queren amosar que o voluntariado e a cooperación non soamente é unha actividade de axuda a persoas desfavorecidas senón que é unha experiencia enriquecedora profesional e persoal para quen a practica.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo