O Pazo de San Marcos acolleu a presentación do libro “Galiza, un país de primeira”

O Deputado de Relacións Institucionais da Deputación de Lugo Álavaro Santos, presentou hoxe no Pazo de San Marcos o libro “Galiza, un país de primeira”, escrito por Adela Leiro e Mon Daporta. Xunto con Santos estiveron Adela Leiro e Mercedes Álvarez Presidenta de GaliciAME.

Os beneficios recadados pola venda da obra serán a favor de GaliciAME, asociación de apoio aos afectados por atrofia muscular.

GaliciAME é unha asociación sen ánimo de lucro que nace en Cambados a principio de 2015 fundada por Mercedes Álvarez Fernández tras diagnosticarlle Atrofia Muscular de tipo 4.
GaliciAME nace para apoiar a todos e cada un dos afectados por Atrofia Muscular (AME) en Galicia.

GaliciAME tamén ofrece apoio e asesoramento a outros enfermos doutras counidades . Ademais tamén apoia e orienta tanto a afectados como a familiares ofrecendo a máxima información posible sobre a Atrofia Muscular Espinal,

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo