" />

O Pleno da Deputación aproba por unanimidade o Plan Unico presentado polo executivo cunha proposta de engádega

O Pleno da Deputación aprobou hoxe por unanimidade o Plan Único de cooperación cos concellos 2017  que o executivo provincial presentou nos pasados días.

O presidente da Deputación, Darío Campos Conde, presentou no pleno, o Plan Unico, un programa de achegas destinado aos 67 concellos da provincia, dotado con 20 millóns de euros, financiados  a partes iguais entre os créditos do orzamento xeral de 2017 da Deputación e con créditos financiados con cargo ao remanente líquido de tesorería do ano 2016. Asemade, os concellos deberán achegar un importe equivalente ao mínimo obligatorio do Plan de Obras e Servizos (POS).

Coas achegas da Deputación os concellos deberán adicar a investimentos unha cantidade equivalente ao 50% do concedido, asemade, cada concello terá a obriga de destinar ao financiamento do servizo de axuda no fogar, como mínimo, unha contía igual ao importe concedido polo ente provincial en 2016 para este fin; e, por último, deberán adicar unha terceira parte ao fomento do emprego mediante o programa DepuEmprego.

Para garantir a autonomía municipal, os concellos poderán consignar nos seus orzamentos a cantidade que estimen a certas actividades como as culturais, deportivas, turísticas ou veciñais; e non poderán financiar con cargo ao Plan Único ningún gasto corrente agás os destinados aos programas de axuda no fogar ou o DepuEmprego. Deste xeito, poderán realizar cargos aos fondos do Plan Único de actividades culturais e deportivas ate un máximo de 8.000 euros; así como para a celebración de eventos turísticos, feiras, mercados ou similares, terán un máximo de 6.000 euros.

Xunto a este primeiro plan, o presidente Darío Campos tamén presentou unha proposta de engádegaO Presidente informou que, tras falar con Alcaldes, decidiu non financiar actividades que empreguen animais non domésticos para exhibicións ou comercializacións, así como para espectáculos, por exemplo touradas ou circos. Tamén queda prohibido financiar aqueles eventos nos que se faga un uso sexista da indentidade sexual ou con connotacións pexorativas da identidade sexual ou de xénero.

A voceira do PP, Elena Candia considerou que este plan “non é moi respetuoso coa autonomía local” porque asegura queda supeditado a que existira unha actividade cultural ou deportiva no 2016, pero ao mesmo tempo valorou positivamente este programa.

Xosé Ferreiro, voceiro do BNG, pola súa parte, felicitou ao executivo pola proposta de engádega que, “non se nos ocurriu a nós, pero é moi boa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo