" />

Dario Campos presenta o Plan Unico de cooperación cos concellos da Deputación

O presidente da Deputación Pronvicial de Lugo, Darío Campos Conde, presentou esta mañá en rolda de prensa, o Plan Unico de cooperación cos concellos 2017, un plan do ente provincial para este exercicio destinado aos 67 concellos da provincia. Este programa de achegas está dotado con 20 millóns de euros, financiados  a partes iguais entre os créditos do orzamento xeral de 2017 da Deputación e con créditos financiados con cargo ao remanente líquido de tesorería do ano 2016. Asemade, os concellos deberán achegar un importe equivalente ao mínimo obligatorio do Plan de Obras e Servicios (POS).

Darío Campos explicou que estas axudas repartiranse en función do número de habitantes (40%), entidades de poboación(25%), a superficie do concello (20%) e o índice de envellecemento (15%), e asegurou que as contías irán entre os 150.000 euros para os concellos máis pequenos e con menos poboación ata un máximo de 500.000 € para os máis grandes ou con máis poboación como son Lugo, Monforte de Lemos, Sarria, Vilalba e Viveiro.

Neste plan, explicou o presidente da Deputación, o ente provincial da “un pulo a economía dos concellos” para que melloren e impulsen as infraestruturas o emprego e o benestar social. Por iso, coas achegas da Deputación os concellos deberán adicar a investimentos unha cantidade equivalente ao 50% do concedido, asemade, cada concello terá a obriga de destinar ao financiamento do servizo de axuda no fogar, como mínimo, unha contía igual ao importe concedido polo ente provincial en 2016 para este fin; e, por último, deberán adicar unha terceira parte ao fomento do emprego mediante o programa DepuEmprego.

Para garantir a autonomía municipal, os concellos poderán consignar nos seus orzamentos a cantidade que estimen a certas actividades como as culturais, deportivas, turísticas ou veciñais; e non poderán financiar con cargo ao Plan Único ningún gasto corrente agás os destinados aos programas de axuda no fogar ou o DepuEmprego. Deste xeito, poderán realizar cargos aos fondos do Plan Único de actividades culturais e deportivas ate un máximo de 8.000 euros; así como para a celebración de eventos turísticos, feiras, mercados ou similares, terán un máximo de 6.000 euros.

Os concellos deberán presentar unha solicitude integrada pola certificación do acordo e por unha memoria xustificativa da súa solicitude. Estas solicitudes presentaranse de xeito telemático, a través da Sede Electrónica da Deputación, toda a documentación deberase presentarse tamén en papel. O prazo de presentación de solicitudes é dun mes a partir do día seguinte ao da publicación das presentes bases no Boletín Oficial da Provincia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo