O San Froilán celebra, por terceiro ano consecutivo, o Día do Camiño Primitivo

Por terceiro ano consecutivo, o San Froilán celebrou o Día do Camiño Primitivo. A Alcaldesa de Lugo, e o Alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presidiron os actos conmemorativos aos que tamén asistiron membros da corporación municipal así como os rexedores de Guntín, Meira, Baleira e Castroverde; e representantes da Asociación Amigos do Camiño.

A xornada arrincou cunha recepción na Casa Consistorial, seguida dun paseo, Camiño ao contar, dende a Porta de San Pedro á Porta Miña con contos, humor, música e baile, co grupo de baile e gaitas Santaia de Oleiros e Lois Pérez. Durante o transcurso deste paseo polo Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade tamén se descubriu unha placa, que conmemora os tres Patrimonios da Humanidade que ten a cidade, a carón da Catedral. Unha vez finalizado, as autoridades acudiron á carpa de Cultura e Tradición no Camiño, situada ata mañá no Cantiño Nemesio Cobreros.

“Hoxe celebramos o Día do Camiño Primitivo, que é unha fonte de diversidade”, subliñou no acto a rexedora, quen definiu a esta vía de comunicación cultural e social como elemento capaz de xerar ingresos e dinamizar a vida do municipio; pois tan só nos últimos 3 anos, dende que foi declarado Ben Mundial, incrementou o número de peregrinos ao seu paso por Lugo nun 20%.

Ademais, a Alcaldesa situou ao Camiño Primitivo como elemento importante na estratexia fundamental da cidade, pois ao redor del se desenvolven diversas actuacións, como por a estraxia EDUSI. Pola súa banda, Martiño Noriega insistiu nos lazos de colaboración entre todos os municipios polos que pasa o Camiño Primitivo para incrementar aínda máis a súa afluencia.

Ambos os dous rexedores coincidiron en pór en valor o peso e a importancia histórica que dota a esta vía dun valor engadido.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo