Olga Louzao insiste na “moción de censura” se non se aproban os presupostos

A voceira de Cidadáns no Concello de Lugo, Olga Louzao reiterou esta mañá que, “ante a parálise absoluta do Goberno da socialista Lara Méndez”, está disposta a buscar o consenso necesario para “promover unha moción de censura e buscar un Goberno alternativo como “única solución”.

A voceira de Cidadáns afirmou que “a moción de censura non é nada tráxico, simplemente é unha ferramenta legal prevista precisamente para casos coma este, para cambiar un goberno que leva dous anos absolutamente perdidos”.

Por iso, a líder de Cidadáns anunciou que “se a alcaldesa Lara Méndez non é capaz de sacar adiante os Orzamentos do vindeiro ano promoverá unha moción de censura na procura dun novo Goberno”.

 “O PP parece non estar en disposición de asumir este reto”

A voceira de Cidadáns no Concello afirma que “correspondería ao Partido Popular, que foi a forza máis votada nas eleccións municipais e a que máis concelleiros ten na Corporación, nove, dar o paso e presentar unha alternativa de Goberno, pero parece que o PP non está en disposición de asumir este reto; agora mesmo terían incluso un problema grave á hora de poñerse de acordo para propoñer un candidato alternativo”.

“A incongruencia de Lugonovo”

Olga Louzao tamén convidou a Lugonovo e ao seu voceiro, Santiago Fernández Rocha, “a decidirse a dar un paso adiante e aclarar dunha vez por todas se é Goberno ou oposición”. “Se o señor Santiago Fernández Rocha quere entrar no Goberno non lle fai falla ninguén máis, nós non imos boicotear iso, nós o que queremos son solucións e se el está convencido de que as ten pois que as aplique desde o Goberno. Pero se non entra no Goberno e di que este Goberno é un desastre, o que debería facer é permitir outro”,

En todo caso, dixo Olga Louzao, “se Lugonovo entra no Goberno sería ben curioso ver ao señor Santiago Fernández Rocha defender e asumir cuestións como as privatizacións de servizos, o Plan Xeral de Orozco, Besteiro e Liñares, ou o pago de facturas sen ningún tipo de contrato”, incidiu.

 

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Santiago Fdez Rocha
    Dec 23, 2016 - 06:27 PM

    Lugonovo propuxo no Pleno de onte unha alternativa: Un Goberno de esquerdas forte e estable. A súa conformación xa non depende só de nós, senón da decisión e da responsabilidade dos demais grupos de esquerda. Vostede prefiere unha moción de censura co PP. Aí non nos encontrará.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo