Patrimonio dá o visto bó á creación dun aparcadoiro detrás da Igrexa Nova de Mondoñedo

O proxecto elaborado polo Concello de Mondoñedo para a dotación dun aparcadoiro detrás da Igrexa Nova obtén o informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio, que autoriza as obras previstas, que permitirán un importante número de prazas para o uso de vehículos, preto dun centenar, cumprindo así os requisitos da Xunta. 

A administración local mindoniense redactou un proxecto co que busca mellorar a convivencia entre peóns e vehículos grazas a ampliación de prazas de aparcamento no casco histórico. Con esta finalidade, o Goberno mindoniense adquiriu dúas fincas, unha en Casas Novas, xunto a coñecida como finca de Jesús Rivas, ás que se suma a cedida pola Xunta de Galicia no recinto da Granxa, ao lado de Igrexa Nova. 

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que se trata dun proxecto redactado no mes de xaneiro e cuxa autorización de Patrimonio condicionou o proxecto inicial.  O departamento de Xunta de Galicia recoñece a necesidade deste novo aparcadoiro coa finalidade de eliminar o estacionamento dos vehículos nas rúas do casco histórico, que presentan un trazado medieval, estreitas e dun único sentido. 

Así a rexedora precisa que o proxecto que conta co informe favorable de Patrimonio establece o coidado da topografía das fincas afectadas sobre as que se creará o aparcadoiro, respectando muros, cómaros e vexetación. Ademais, o referido proxecto tamén inclúe a colocación de elementos vexetais de arboredo e unha pérgola na parcela pegada á igrexa Nova.  Do mesmo xeito,  no proxecto redúcese o ancho dos viarios, consérvase o muro de peche e as dúas construcións serán rehabilitadas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo