" />

OIga Louzao designada coordinadora autonómica e portavoz de Ciudadanos en Galicia

Olga Louzao foi designada coordinadora autonómica e portavoz de Cs en Galicia e toma así o relevo de Beatriz Piñeiro, quen fora candidata de Cs á Xunta de Galicia nas eleccións de 2020 e que pecha a súa etapa á fronte da comunidade autónoma na formación, do mesmo xeito que o resto do seu equipo de confianza -Maria Vilas, Luís Gil e Silvia Caramés-, con quen traballou ao longo destes anos para construír e asentar o proxecto en Galicia.

Xunto ao de Louzao, a dirección de Cs acordou tamén os nomeamentos de Manuel Moinelo como Secretario Delegado de Acción Institucional; de Eva Endress como Secretaria Delegada de Organización; de Juan Vidal como Secretario Delegado de Comunicación, e de Juan Insua como Secretario do Comité.

Olga Louzao, actual portavoz municipal de Cs na cidade de Lugo, asume as rendas da formación en Galicia cando comeza o ciclo electoral que abarcará as eleccións municipais do mes de maio, data para a que os liberais seguen traballando a fin de chegar á cita con candidatos, equipos e programas capaces de atender ao interese xeral dos galegos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo