O PP agarda que a Deputación solucione a apertura da piscina de A Pastoriza

O Grupo Provincial do Partido Popular bota en falta que o Goberno da Deputación adopte unha solución que permita a apertura da piscina de A Pastoriza. Deste xeito, os populares maniféstanse críticos coa xestión da Deputación, pois “estamos ante unha infraestrutura que foi adxudicada no ano 2009, sendo o prazo de execución de nove meses e que para a súa construción o organismo provincial achegou máis de 1,5 millóns de euros”, destacan.

Por este motivo, consideran unha falta de responsabilidade que o presidente da Deputación de Lugo acuda a inaugurar un local social nunha parroquia do concello e que nada se saiba sobre cando abrira a piscina, xa que “é inadmisible que a instalación, malia estar construída e adxudicada fai sete anos, continúe sen abrir as súas portas”, remarcan.

Neste senso, insisten na necesidade dunha solución inmediata respecto deste asunto, xa que “son obras que comezaron fai varios anos e que foron rematadas sen que fosen postas a disposición dos usuarios. É, polo tanto, unha situación que non se pode permitir”, destacan.

O Goberno non cumpre os acordos acadados polo PP no Pleno

Os populares denuncian que o o Goberno da Deputación, “incumpre os acordos e neste senso está a ser unha constante no día a día da Deputación”, proba delo é que o Executivo provincial continúa sen cumprir o acordos plenarios, producidos en xaneiro e en maio do pasado ano, e nos que, precisamente, demandaban a axilización nos trámites para a apertura destas instalacións. Concretamente, na sesión máis recente (a de maio de 2017), o Partido Popular conseguiu sacar adiante por unanimidade a súa proposta, na que solicitaban á institución luguesa que adoptase de maneira urxente as medidas necesarias para solucionar os problemas que motivan esta infraestrutura continúe pechada”.

Os populares critican así a xestión do equipo de goberno, pois foi o propio deputado Pablo Rivera Capón, o que “·anunciou na web da Deputación e correspondente ao Pleno de xaneiro de 2017, que […] a Deputación ía deixar listas as piscinas este ano. A instalación deportiva atópase en boas condicións, xunto coas correspondentes autorizacións de Industria e de Sanidade. Xa dende hai meses mantense un diálogo activo co Concello para definir o modelo de xestión máis axeitado […]”.

“O certo é que, na actualidade, e xa rematado o ano 2017, a piscina continúa pechada ao público e, por tanto, o Goberno segue sen cumprir este acordo que contou co visto e prace de toda a Corporación”, conclúen dende o Grupo do PP.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com