O PP denuncia que o Concello non cumpra o acordo plenario de municipalizar o guindastre municipal

O Grupo Municipal Popular denunciou o que tildaron do “pozo sen fondo” que é a grúa municipal para as arcas do Concello. O vicevoceiro da agrupación, Enrique Rozas, fixo estas declaracións, reclamando que o Goberno Local, non desoia o acordo plenario no que todos os grupos, agás os socialistas, votaron a favor de municipalizar este servizo de guindastre.

Para os populares, os 45.000 euros que o concello paga ao mes para este servizo son “escandalosos” e, facendo contas, os 5,2 millóns de euros que o concello leva dedicados ao guindastres no que vai de 2017,  supera con creces, os pouco máis de 4 millóns que están previstos para inversións nos orzamentos deste mesmo ano. Todo esto, leva a Enrique Rozas a pedir ao Concello a paralización inmediata do borrador de pregos deste servizo que, lembran, leva caducado dende o pasado 30 de novembro.

Rozas formulou esta petición despois de coñecer que se está a elaborar un novo prego de condicións para seguir coa externalización deste servizo. “É inaudito que non se traballe na idea de asumir con medios propios o funcionamento do guindastre tal e como vimos denunciando dende hai dez anos dende o Partido Popular, insistindo que era un mal negocio para Lugo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo