Sagrado Corazón, Celta e Deportivo xogarán un torneo triangular de veteranos en Lugo

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, o xefe de relacións institucionais da A.D.C. Sagrado Corazón, José Luis Villamarín, e o ex xogador da A.D.C. Sagrado Corazón e do Deportivo,  Alejandro Copa, presentaron este martes no Salón de Plenos o torneo triangular de fútbol de veteranos para homenaxear a José Mª Rodríguez Lago.

Na presentación, Miguel Fernández explicou que “esta proba deportiva servirá para inaugurar a nova denominación dos campos de fútbol situados nas Gándaras, que levan o nome do homenaxeado, froito dunha declaración institucional aprobada no Pleno do Concello, o 29 de setembro do 2016, que propuxo cambiar o nome deste complexo deportivo en honor a este referente do fútbol lucense”.

Pola súa banda, José Luis Villamarín cualificou ao homenaxeado como “benefactor do fútbol lucense, que foi fundador, xunto con outras persoas, do Club de Fútbol Sagrado Corazón no ano 1965, chegando a ser secretario xeral do C.D. Lugo durante 10 anos”.

Finalmente, Alejandro Copa congratulouse da celebración deste torneo, e asegurou que “os equipos que participen farán gozar aos espectadores que asistan a este evento deportivo”.

O descubrimento das placas conmemorativas realizarase o sábado, 21 de xaneiro, ás 11:00 horas. Posteriormente, a partir das 11:30 horas celebraranse os partidos a un só tempo de 45 minutos. Nestes encontros, participarán os veteranos dos dous clubs da primeira categoría, Deportivo da Coruña e Celta de Vigo, xunto cos integrantes do equipo de veteranos do club organizador, a A.D.C. Sagrado Corazón.

Debido aos compromisos dos ex xogadores ou á distancia na que se atopan algúns deles, non poderán asistir a totalidade, pero o compromiso dos clubs é que os que teñen xogado nos equipos de primeira división.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com