" />

Santos Ramos presenta as mocións que o PSOE levará ao Pleno ordinario da Deputación

O Deputado Provincial, Álvaro Santos Ramos, presentou esta mañá, como voceiro do grupo provincial socialista, as dúas mocións que o seu partido, levará mañá ao pleno ordinario da Deputación de Lugo.

A primeira, se trata dunha moción para reprobar ao subdelegado de Goberno en Lugo, Ramón Carballo, pola súa actitude ante a violencia de xénero, tras unhas afirmacións que fixo despois de que unha veciña da cidade fora vítima dunha agresión sexual nos pasados días.

O PSOE propón que se inste ao Goberno central a que aplique as medidas necesarias para que todos os órganos e representantes dependentes do mesmo adopten un papel en defensa das vítimas e non, afirmou o deputado, “en desculpa dos agresores”.

Asemade, en caso de aprobarse este documento, o PSOE propón trasladar o acordo ao Presidente do Goberno de España así como a Delegación do Goberno en Galicia para que teñan coñecemeto dos feitos e adopten as medidas necesarias.

Noutro orden, Santos Ramos tamén presentou unha segunda moción para desenvolver conxuntamente coa xunta de Galicia un Plan de Industrialización da provincia de Lugo enfocado á implantación de industrias de transformación do sector primario, que representa un 12,5% do PIB da provincia.

Este plan irá enfocado á implantación de factorías transformadoras sobre o sector primario, especialmente as de segundo nivel. O Goberno Provincial comprométese a aportar a superficie industrial dispoñible nos polígonos que construíu nos Concellos lugueses con custos vantaxosos.

Santos Ramos explicou con datos oficiais que Galicia, e en concreto a provincia de Lugo, lidera no Estado tanto a produción láctea como a da madeira. Pola contra, a Comunidade galega está nos postos máis baixos no conxunto de España en canto á industria transformadora, provocando a perda de numerosos beneficios.

Ante este desequilibrio que supón a perda de beneficios para Galicia en xeral e para Lugo en particular, o Goberno da Deputación ofrece á Xunta de Galicia 195.000 metros cadrados de chan industrial para a implantación de industriais transformadoras do sector primario, especialmente de segundo nivel.

A distribución deste espazo libre nos polígonos da Deputación é a seguinte: no concello de Ourol, 14.869 metro cadrados; Paradela, 22.821 metros cadrados; Baleira, 700 metros cadrados; Friol, 34.708 metros cadrados; Begonte, 7.000 metros cadrados; Castroverde, 61.371 metros cadrados; e Chantada, 55.348 metros cadrados.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo