Tarifas de alta no Servizo de Gas Natural

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo quere sacar á luz pública o
agravio comparativo na que están algúns servizos públicos, como a subministración, altas e prezos do gas, servizos nos que ten responsabilidade a Administración.
Hai moi pouco tempo falabamos dos prezos dos carburantes en Galicia, indicando que son dos máis caros do país. Parece que a mensaxe calou na Presidencia da Xunta que deu pasos para coñecer cales son as razóns do custe máis alto.

Hoxe imos falar do custe das altas por fornezo de Gas Natural en Lugo e no resto de  Galicia, onde se contempla unhas das tarifas máis elevadas pola alta de gas en vivendas e Industrias de todo o estado, con prezos semellantes aos do País Vasco ou Valencia, pero que en liñas xerais superan ao resto das comunidades autónomas. Vexamos: Cataluña, Madrid, Andalucía, Castela-A Mancha, Castela-León, Navarra, A Rioja, Aragón e Estremadura; hai tarifas de acceso relacionadas maioritariamente co uso domestico, onde ata superamos ao País Vasco e Valencia.

Entendiamos que o fornezo de gas, estaba fóra dun monopolio que marcase os prezos de subministración e dos servizos ou traballos requiridos para a alta. No Estado Español existen arredor de 24 compañías de distribución de gas, que para non competir entre si e coa venia das administracións, repartíronse o territorio e só distribúe unha en cada área, mentres nos enganan co número de compañías comercializadoras que si é amplo en cada comunidade, onde como mínimo aparecen arredor de 6 comercializadoras (as que cobran a factura).

Ante a situación actual onde os galegos pagamos as tarifas por altas no fornezo máis elevadas, a Federación Veciñal solicita da Consellería de Industria como máxima responsable do control destes servizos na Comunidade que amplíe, se é posible, o número de distribuidores de gas natural na Comunidade Autónoma, e esixa a Gas Galicia, como única distribuidora na comunidade autonómica, que os prezos se asimilen aos máis baixos que rexen en comunidades autónomas con similar poder adquisitivo no referido a costo de altas e no servizo rebáixese o tempo de espera na disposición do mesmo, contrólense as tarifas de prezos por m/3 de gas, nun mercado onde o cliente non ten a posibilidade de elixir subministrador. Clarifiquese o sistema de facturación, xa que o usuario dispón dun contador en m/3 e despois recibe unha factura detallada en KWh, que lle impide levar a cabo un control eficiente do seu gasto e por último, rebáixese o custe coñecido como termino fixo, xa que as instalacións perduran no tempo e o control ou mantemento son mínimos.

Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com