105.000 persoas visitaron a Rede Museística da Deputación no 2016

A Rede Museística Provincial da Deputación rexistrou un aumentou no número de visitas durante o ano 2016, pois foron un total de 104.811 nos 4 museos que conforman a Rede Museística Provincial de Lugo: Museo Provincial de Lugo, Museo Pazo de Tor, Museo-Fortaleza San Paio de Narla, e Museo Provincial do Mar.

A Deputada de Cultura, Artesanía e Deseño, Pilar García Porto, subliñou que “dende o Goberno Provincial programamos actividades, exposicións e visitas ao longo do ano co obxectivo de aproveitar o noso patrimonio material e inmaterial, ao tempo que fomentamos o turismo cultural. Cómpre destacar que o número total de visitantes aumentou un 8% en relación co ano 2015, xa que se rexistraron 8.369 persoas máis nos 4 museos da Rede Museística Provincial de Lugo”.

O número de visitas nos museos máis pequenos da Rede aumentou con respecto ao ano 2015. No Museo-Fortaleza San Paio de Narla foron 4.266 visitantes máis, en total 24.403. No Pazo de Tor foron 1.526 visitantes máis, en total 10.592 e no Museo Provincial do Mar foron 1.696 visitantes máis, en total 22.312.

Xullo e Agosto, os meses con máis visitas

Os meses do ano nos que se rexistrou o maior repunte de visitas nos 4 museos da Rede durante o 2016 foron xullo con 12.379 visitantes e agosto con 18.123 en total. O Museo Pazo de Tor no mes de xullo aumentou un 46% máis con respecto ao ano 2015, cun total de 1.576 visitas. No caso do Museo Provincial de Lugo, rexistrouse un aumento do 28% no mes de agosto con 8.951 visitas, 2.529 máis que no ano 2015.

Visitas escolares á Rede Museística Provincial

A Deputación de Lugo financiará as visitas dos escolares lucenses á Rede Museística Provincial, tal e como se aprobou no pasado pleno de mes de xaneiro. Precisamente, a Area de Cultura xa traballa no deseño dun Plan de axuda dirixida ao alumnado dos centros públicos da provincia, no que o Goberno da Deputación asumirá os custos das visitas. García Porto adiantou que “os técnicos provinciais xa elaboraron un censo dos museos municipais que existen na actualidade na provincia, que son dous: o Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen, en Burela, e o Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba. Tamén se incluíu neste plan o Museo Comarcal da Fonsagrada”.

L

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com