14 expertos participan nas Xornadas de urbanismo que organiza a Deputación

O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Argelio Fernández Queipo, inaugurou este martes as Xornadas de urbanismo na provincia de Lugo que organiza o Executivo Provincial en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e o Colexio Oficial de Arquitectos en Galicia (COAG), durante os meses de abril, maio e xuño no Pazo de San Marcos. Fíxoo xunto ao Presidente da Delegación en Lugo do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Raúl Veiga Lamelas, e ao Director académico do curso, Juan Raposo Arceo.

Fernández Queipo destacou que “dende o Goberno da Deputación organizamos estas xornadas de urbanismo co obxectivo de mellorar os nosos servizos de Asistencia aos Concellos e poñer ao alcance dos municipios da provincia o maior número de recursos formativos, co fin de fomentar a comprensión e mellorar a actuación administrativa, nun momento coma este, de importantes cambios e novidades lexislativas no referente ao urbanismo.”

A II edición das Xornadas de urbanismo na provincia de Lugo tratará o novo marco normativo de urbanismo en Galicia, centrándose principalmente na Lei 2/2016 do Solo, o seu regulamento e o regulamento de actividades. Este ano as conferencias contan con 52 horas distribuídas en 13 xornadas lectivas de 4 horas de duración e nas que participarán 30 alumnos. Nas xornadas intervirán os principais e máis salientables actores do mundo urbanístico, tanto a nivel técnico coma xurídico, entre os que se encontran arquitectos, xuristas, e especialistas na materia, que realizarán unha profunda revisión e formación sobre os últimos regulamentos urbanísticos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com