" />

185 lucenses recibirán cursos de condución segura no circuíto da Pastoriza co VI Volante Deputación

O Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, presentou este martes no circuíto de A Pastoriza, xunto ao Alcalde do Concello, Primitivo Iglesias Sierra, a Tenente de  alcalde, Elva Carrera González, e o director da Escola PTC, Antonio Solórzano, o VI Volante Deputación, que organiza o Executivo Provincial en colaboración co equipo de competición PTC, cunha achega de 17.000 euros, co obxectivo de fomentar o deporte base nunha modalidade con arraigo na provincia como é o automobilismo.

Na presentación tamén participaron os familiares de Antonio Pérez Montecelo, director de carreira da Escudaría Miño e presidente do Club de Tríatlon Cidade de Lugo, que faleceu o pasado mes de xaneiro e ao que este ano, como novidade, se lle dedica a sexta edición do Volante Deputación.

Rivera Capón destacou que “o evento terá dúas partes claramente diferenciadas: unha formativa e outra puramente competitiva, posto que o gañador desta nova edición do Volante Deputación terá a oportunidade de competir no XXXIX Rally San Froilán. Trátase, polo tanto, dunha iniciativa que combina deporte e formación, posibilitando ó gañador pilotar un Suzuki Swift Sport nun dos rallys con maior prestixio de Galicia”.

O organismo provincial puxo en marcha no ano 2012, en colaboración co Concello de A Pastoriza e a Escola de Perfeccionamento y Técnicas de Condución (Escola PTC), esta iniciativa na que, ademais do compoñente formativo, destaca a oportunidade que se lle brinda aos participantes de competir por unha praza no Rally San Froilán.

O prazo de inscrición estará aberto a partir do venres 1 de setembro ás 9:00 horas ata o mércores 13 de setembro de 2017 ás 24:00 horas. A selección dos participantes, todos eles lucenses de entre 18 e 35 anos, farase por estrito orde de entrada das solicitudes que se deberán enviar ao correo electrónico piloto@ptcescuela.com cubrindo un formulario que se poderá descargar da web www.ptcescuela.com, ata cubrir as 185 prazas existentes.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo