" />

2.000 lucenses cursarán os seus estudos no novo centro da UNED de Lugo

A Universidade de Estudos a Distancia (UNED) estrea hoxe en Lugo o seu novo edificio, situado no antigo Hotel Miño, na zona de Conturiz. Unhas instalacións que inauguraron esta tarde o presidente da Deputación, Darío Campos Conde e a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, xunto co reitor da UNED, Alejandro Tiana, nun acto no que tamén se inaugurou o novo curso académico 2017-2018, para o que xa están matriculados preto de 2.000 lucenses que se beneficiarán destas novas instalacións. Ademais, o Presidente e a Alcaldesa entregaron os diplomas a 30 dos 111 novos graduados pola UNED de Lugo.

Campos Conde destacou que “hoxe é un día que de seguro marcará a historia educativa da nosa provincia; un día de celebración para todos os lucenses, no que poñemos en marcha, oficialmente, na capital da nosa provincia: a nova sede da UNED. O Goberno da Deputación investiu neste proxecto 2 millóns de euros para que Lugo contase co centro da UNED de referencia no noroeste de España, pois son unhas instalacións pioneiras e de primeiro nivel en Galicia, Asturias, León, Zamora e Salamanca, que acollerán aos preto de 2.000 alumnos na UNED, ao tempo que que defendemos unha educación pública de calidade e poñemos en valor o patrimonio público, como é o Hotel Miño, dándolle ademais unha utilidade pública, e impulsando o cinto verde da capital luguesa”.

O Presidente da Deputación engadiu que “co remate destas obras acadamos un edificio cun amplo número de aulas para titorías presenciales; un salón de actos con notable capacidade para levar a cabo eventos de imporante alcance como congresos ou simposios, dispoñible para entidades públicas e privadas; así como unha biblioteca e un aparcamento propios e accesibles a todos os lucenses”.

Méndez López destacou que “hoxé é un día deses que marca a historia dunha cidade e dunha sociedade, no que damos un gran paso cara a excelencia educativa coa estrea destas instalacións, nas que a partir deste curso funcionará o centro asociado da UNED de Lugo, unhas instalacións que nos converten no centro referencial desta Universidade no noroeste de Espana”.

O Presidente e a Alcaldesa supervisaron as derradeiras actuacións levadas a cabo no antigo Hotel Miño co remate dos traballos de dotación de aparcadoiro e zonas axardinadas, unhas obras que contaron cun orzamento de 215.000 euros. Estas actuacións consistiron na demolición do bloque 2 do edificio, a construcción dun aparcadoiro duns 1.900 metros cadrados con máis de 70 prazas; e a dotación de zonas verdes, con céspede e mobiliario urbano, como papeleras ou xardineiras.

O Goberno da Deputación adxudicou estas actuacións a finais de agosto do 2016. Tivo que agardar ata mediados de marzo de 2017 polo permiso legal imprescindible da Confederación Hidrográfica do Miño Sil. Unha vez chegado este ao organismo provincial, remitiuselle ao Concello de Lugo para que dita administración puidese outorgar a licenza de obra. Este último trámite non se podía facer, en ningún caso, sen o permiso da Confederación.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo