" />

20 persoas aprenden nocións básicas de horta ecolóxica en balcóns

20 persoas participaron no día de hoxe no obradoiro gratuíto Horta ecolóxica en terraza e balcón, que ofrece a Deputación a través das actividades medioambientais do Río Rato. O curso consistiu en proporcionar aos asistentes nocións básicas sobre alternativas ecolóxicas para a construción de camas de cultivo con materiais ecolóxicos.

As actividades ambientais da Deputación teñen como obxectivo crear conciencia sobre o respecto á natureza e construír unha cidadanía responsable. O feito de saber coidar dos propios cultivos de forma sostible, dota á sociedade das capacidades necesarias para satisfacer as súas necesidades básicas de supervivencia, como é a alimentación.

O obradoiro tivo unha duración de catro horas, sendo a primeira de carácter teórico, co fin de que os participantes se achegasen ao manexo de plantas e coñecesen os beneficios das asociacións de diferentes cultivos para o aproveitamento do solo, ou da rotación, alternando vexetais con distintas necesidades. As tres horas restantes destináronse a pór en práctica as nocións adquiridas e a elaborar xardineiras con materiais reciclados como palés ou bidóns.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo