21 novos casos de Covid-19 en Lugo

Nas últimas 24 horas a Área Sanitaria de Lugo volveu experimentar un repunte con 21 novos casos de infección por Coronavirus.

Despois destes días pasados no que se produciran entre cero e oito casos, os contaxiados nas últimas 24 horas ascenden a esta cifra que, aínda non sendo excesivamente alta, indícanos que non se pode baixar a garda, xa que en calquera momento, se non se fan as cousas tal e como indican as autoridades sanitarias, pode suceder que todo o esforzo destas últimas semanas non sirva para nada.

Como cada día a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 5.747, deles 1.169 son da área da Coruña, 592 da de Lugo, 1.129 da de Ourense, 483 da de Pontevedra, 1.085 da área de Vigo, 963 da de Santiago, e 326 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 143 permanecen en UCI, 716 están en unidades de hospitalización e 4.888 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 1.082 altas de pacientes e 347 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 42.122.

 

Novas relacionadas

  1. Luis Díaz
    Abr 11, 2020 - 03:04 PM

    Anda por las redes sociales un artículo titulado : Bérgamo, la masacre que la patronal no quiso evitar — Búsquenlo, da miedo que en España suceda lo que en esa ciudad de Italia. A partir de este Lunes, no será descartable. A cualquier empresario le importa más su propia cuenta de resultados que la vida ajena.

    Reply
  2. Valin Marite
    Abr 11, 2020 - 02:43 PM

    Estos habría que ver si fueron identificados por saltarse el confinamiento. Si es así. La atención sanitaria la pagan. Esta visto que a algunos el dinero les da igual.

    Reply
  3. Alfonso Pérez
    Abr 11, 2020 - 02:31 PM

    E o luns a traballar

    Reply
  4. Chus Antas
    Abr 11, 2020 - 02:19 PM

    Pois espera que Luns….. A traballar e contaxiarse

    Reply
  5. Mari Dominguez
    Abr 11, 2020 - 02:14 PM

    Non me extraña nada, solo hay que ver o que fai algunha xente.

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com