O BNG-AA propón un sistema para evacuar augas pluviais de Fontiñas hacia o Rato

O voceiro do BNG-AA no concello de Lugo, Rubén Arroxo, trasladou unha petición ao goberno municipal para que se estude a implantación en Fontiñas dun sistema que permita evacuar as augas pluviais cara o río Rato nos días de fortes de choivas. Para o BNG, un sistema de aliviadeiros canalizados cara o Rato podería dar solución a falta de capacidade da rede de sumidoiros nos días de fortes choivas.

“Ademais dos anegamentos da rúa e as inundacións de diversos baixos e establecementos comerciais, que se produciron na fin de semana, as chuvias poderían afectar novamente a estabilidade do talude existente entre a rúa de Fontiñas e o parque dos Paxariños” advertiu Rubén Arroxo e sinalou que “as persoas que residen na zona e comerciantes están fartos de que se fagan obras na zona e non se busque unha solución definitiva”.

Ademais o BNG-AA tamén reclama que se revise a rede de sumidoiros na Av. da Coruña ou o remate da rehabilitación da rúa dos Fornos, da Tinería, onde tamén houbo problemas. Arroxo sinalou a necesidade de que a Xunta de Galicia remate a rehabilitación do barrio da Tinería onde “rúas como a dos Fornos que están sen rematar sufriron os efectos da choivas con arrastre de terra e suciedade”. Tamén nalgunhas zonas da av. da Coruña houbo problemas polo deficiente mantemento e limpeza da rede de sumidoiros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com