" />

25 denuncias por incumprir a Lei de Saúde de Galicia esta fin de semana

A Policía Local de Lugo levantou esta fin de semana máis de 25 actas de denuncia por incumprimentos á Lei de Saúde de Galicia, logo de establecer diferentes dispositivos para o control destas medidas para facer fronte á crise sanitaria. Así, a Unidade Territorial da Policía de Barrio, levantou 10 actas de denuncia a outras tantas persoas por transitar entre as 10 da noite e as 6 da mañá, en horario de toque de queda sen causa xustificada. Do mesmo xeito, outras 6 persoas foron propostas para sanción por non facer uso da máscara, 5 por incumprir as condicións para grupos superando o máximo de conviventes, 4 pola práctica do botellón en espazos públicos 1 acta de denuncia a un local de hostalería que incumpría a normativa de aforos. 

Asimesmo, a Policía Local realizou 32 inspeccións a establecementos hostaleiros para comprobar o cumprimento do Plan de hostalería segura da Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo